9 nov 2011

después del rock



Dende as columnas do Melody Maker, The Wire, Spin, Rolling Stone, e en cada un dos seus libros publicados, Simon Reynolds propúxose deconstruir o discurso do pop someténdoo a unha disección ideolóxica que sen embargo non lle impediu abandonarse aos seus placeres. O seu maior logro deconstructivo foi eludir as dúas grandes metodoloxías analíticas da crítica do rock para focalizarse na materialidad sonora e considerar as políticas do son implicadas nas distintas estratexias compositivas do pop. A suspensión da linguaxe no noise, as regresións oceánico-místicas do acid-rock, a preponderancia da tríada timbre/textura/cromatismo por sobre a melodía e a mensaxe no post-rock e a música electrónica conforman un continuum psicodélico que recorre a historia do pop e que manifesta a fascinación de Reynolds polas cualidades extáticas da música, a súa potencia alucinatoria de disolución do ego e das estructuras de poder que se aloxan na mente. Xunto con estos aspectos sonoros e de maneira complementaria, cuestións como o fascismo da imaxe en Madonna, o dog fight e a esquizofrenia paranoica do hip hop, a atracción do postpunk pola cultura negra, os modos de sociabilidade implicados na cultura rave e a función da interfase tecnoloxía-droga no desenvolvemento da música permiten a Reynolds indagar na economía política do pop e as políticas de clase, raza e xénero que esconde.

1 comentario:

  1. preciso ese manual para alimentar a miña obsesión analítica dos xéneros musicais. Gran reseña por outra banda.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...